Itinerario O Mar
Pola costa de O Val, En O Mar, entre algúns dos máis elevados e esgrevios cantís de Europa, camiñantes e peregrinos se achegan a un miradoiro único sobre o Océano e o Val de Trasancos: o Curro Neolítico do Monte de A Lagoa, construcción dos primeiros pastores da Europa Atlántica e privilexiado observatorio, ou penetran nos segredos das costumes funerarias dos construtores das enigmáticas mámoas.
Quere vivir outras sensacións?
Sobre algún dos cantís de Europa aínda virxes, vento e o mar desencadeados na costa batida por ondas xigantes do Atlántico brindan un grandioso espectáculo Wagneriano. Ninguén ten que reservar entradas.
Que agradable é bañarse logo de percorrer os cantís en busca de praias segredas e exclusivas onde non fallan nuncas as fontes de agoa e as fervenzas dos pequenos ríos.
A paleta do artista é o sendeiro có esplendente mosaico de queirugas de cor branca, rosada e malva intenso, dos amarelos de toxos que alegran a grisura das rochas, dos grises dos liques do cantil e do branco das nubes, xúntanse nas paleiras, no fondo das pozas que deixa o devalo do mar cos ourizos, cos peixes de rocha e coas anémonas.
Esta costa é sen dúbida unha das máis salvaxes e con mellores vistas de Galiza. Cada día nos cambian a instalación.
Cada tramo, escollido segundo as preferencias do camiñante, do peregrino, do visitante, ou do estudoso, sinalado por discretos indicadores hodográficos, frechas indicativas de dirección, e mapas de posición e topónimos sempre atendendo a súa temática, ou a súa lonxitude, dificualtade ou duración, funciona como un itinerario completo en sí mesmo, polo que en realidade ofertamos un gran número de itinerarios e de temas, con posibilidades de acceso ás infraestruturas da parroquia e recursos do lugar.
En O Mar, afondando nas milenarias raíces europeas e celtas da Área Cultural Atlántica que conservan segredas pegadas do antiquísimo imaxinario, atopamos a chave que desvela os segredos dunha mitoloxía viva: os omnipresentes Mouros, a cobra con asas e cunchas da praia da Lopesa, o Mouro gaiteiro da Fonte dos Tres Alcaldes, a Moura e os durmintes da Molexa, etc ...
No berce do sistema, nas Portas do Atlántico podemos ver e sentir as lendas do castro da Pena Lopesa, e rastrear os seus paralelos culturais en Escocia. Este proxecto CAMIÑOS MILENARIOS, único e pioneiro en Galicia, amosa en agradables paseos por un entorno natural único do Camiño de Santiago e de Santo André de Teixido no reducido espazo dunha parroquia de incalculable valor a historia da interacción dos homes co seu medio.
Pena Lopesa
Itineraio A Terra
Esta oferta multinivel de ocio e cultura - unha alternativa á oferta dos museos, casas de cultura, locais sociais ou asociación-, discorrendo entre a fauna e a flora atlántica por un eixo conformado por espectaculares cantís e virxes praias añiñadas neles: O Mar, e polo interior do Val de Trasancos, A Terra converte a parroquia de Santa María Maior de O Val nun centro Permanente de Interpretación etnolóxico, arqueolóxico e histórico.
A Terra achega ao público xeral ou especializado con estudados e didácticos paneis interpretativos, unha complexa realidade cultural celtoatlántica. Desvelamos parte da realidade agochada tras as populares lendas, como a da pena Molexa, recreadas polos veciños - complementado con material multinivel- ao tempo que explicamos e divulgamos, dende unha perspectiva multidisciplinar desenvolvida por André Pena, a realidade evolutiva, socioeconómica, histórica, arqueolóxica e etnolóxica das formas de organización social, dos castros ás villae medieval, diante do obxeto, as propias iullas do século XII, perfectamente conservadas.
Reconstruímos a vida e o ambiente dos catro castros de O Val cun estudio comparativo rigoroso da etnoloxía galega e das feiras estacionais e os ciclos festivos da Europa Atlántica.
Paseando polo Val, conducidos polos seus actores, faremos un complexo e poliédrico percorrido pola Historia de Galiza.
Quintá e Pradeedo foron as primeiras uillas Medievais identificadas en España. Na uilla de Quintá, nos recibe a comezos do século XII a condesa Dona Munia Froilaz, irmán do conde de Trava Don Pedro Froilaz, fundadora do Mosteiro de Pedroso; na uilla de Pradeedo nos recibe nos derradeiros anos da Idade Media o último prior de Pedroso Lopo Monteiro.
En A Terra, desvelamos parte da realidade agochada tras as populares lendas, como a da pena Molexa, recreadas polos veciños, ou importantes elementos do imaxinario popular - complementado con material multinivel-
Igrexa de Santa Margarida
