lunes, 30 de agosto de 2010

Camiños Milenarios

O proxecto  ´´CAMIÑOS MILENARIOS´´ de estudio, sinalización, divulgación, e conservación medioambiental, arqueolóxica e etnográfica do patrimonio natural, inmobiliario e inmaterial da parroquia de O Val, Narón, propón unha achega por camiños preexistentes ben definidos, fixados pola Historia e polo tempo, que non se poden modificar as múltiples manifestacións seculares da cultura dos homes e das mulleres de O Val, que souberon manter un importante patrimonio arqueolóxico e histórico, e un acervo único inmaterial de lendas e tradicións.

Ferrol - Ortegal perfílase actualmente como un destino turístico de primeira orde, un lugar de calidade e tranquilidade, cunha natureza entre o mar e a montaña, e cunhas paisaxes espectaculares, un destino variado, que a vai dende praias virxes ata os máis altos cantís da Europa continental.

Estas dúas comarcas contan cun patrimonio histórico de singular atractivo, con camiños milenarios como os que conducen a Santo André de Teixido, ou mesmo a Santiago de Compostela, cunha cultura atlántica, auténtica e moi viva baseada na tradición e nos costumes da terra.

Son comarcas cunha clara vocación mariñeira onde se disfruta dunha gastronomía de alto nivel, e onde a oferta hostaleira goza dun recoñecido prestixio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario